Nave xeracional
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Phoenix_landing.jpg/220px-Phoenix_landing.jpg)
Unha nave xeracional é unha nave espacial hipotética que atravesaria grandes distancias entre as estrelas, a velocidades inferiores á velocidade da luz. Dado que tal vehículo pode levar de séculos a decenas de miles de anos para alcanzar mesmo as estrelas máis próximas, os seus ocupantes orixinais, dependendo da duración da vida dos tripulantes e de efectos relativísticos, poderían morrer durante a viaxe, deixando que sexan os seus descendentes quen conclúan a misión. Hoxe, soamente se entende o concepto nave xeracional dentro do contexto da Ciencia ficción.